Granell cumpre 30 anos
Esta mostra supón un percorrido expositivo polas diferentes etapas artísticas e vitais de Eugenio Granell dende a súa vinculación con Galicia como referente de moitas das súas producións ao longo de toda a súa vida, neste senso faise unha alusión especial á obra do seu irmán, Mario Granell.
Nestes 30 anos, a Fundación Granell pasou por diferentes etapas, sempre baixo unha única traxectoria: protexer, difundir e estudar o legado de Granell e do Surrealismo, dende diferentes ópticas e dando a oportunidade a moitos artistas de amosar o seu traballo ademais de facer participe aos diferentes públicos dende o local ao internacional.
- Martes
-
11:00 – 14:00
16:00 – 20:00 - Sábado
- 10:30 – 14:30