Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo
Xénese 2:7: «... e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva».
O significado bíblico de Adán é “nacido da terra”.
Adán está situado na parte esquerda do Pórtico da Gloria, no inicio da historia da Salvación, xusto á entrada da catedral, final do Camiño. E da pedra ao barro, e de Mateo a Acisclo; trasladámonos a un obradoiro contemporáneo con debuxos e bosquexos para un Pórtico dos nosos días.
Apóstolos, músicos e multitude de anxos e demais personaxes bíblicos ata chegar a Santiago forman un escenario imaxinativo e artístico no que o autor se pon ás ordes de Mateo. Acisclo Manzano traslada a súa visión persoal do obradoiro do mestre Mateo coa premisa principal da utilización do barro para reinterpretar o Pórtico cunha visión do século XXI.
Ante nós temos unha obra neofigurativa de esculturas con formas humanas deconstruídas ou fragmentadas, tornadas, con incisións, buracos, incrustacións que reinterpretan o clásico dando lugar a unha vangarda de volumes no que o principal material é o barro sen esquecer os bosquexos no papel.
Manoel Carrete, comisario
- Martes
- 09:30 – 20:30
- Mércores
- 09:30 – 20:30
- Xoves
- 09:30 – 20:30
- Venres
- 09:30 – 20:30
- Sábado
- 11:00 – 19:30
- Domingo
- 10:15 – 14:45