BMSC · UN PASO FOLCLÓRICO
Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta
Concerto: Un paso folclórico
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
BANDA SINFÓNICA GALEGA
David Fiuza (director)
PROGRAMA
Jules Massenet: Le Cid -suite de ballet-
Manuel de Falla: El sombrero de tres picos
SINOPSE:
O ballet resulta unha maridaxe perfecta entre a danza e a música; tan complementarios como indisociables. Neste recipiente de expresión corporal sobre o son, os compositores atopan unha potencial inspiración, que á súa vez pode valer como transferencia cultural a través do folclore. O francés Massenet plasma a súa visión francesa do folclore ibérico a través do ballet “Le Cid”, para que esta transferencia sexa despois correspondida por Manuel de Falla, na que o seu nacionalismo andaluz está totalmente influenciado polo estilo e sonoridade francesa