ANÓNIMOS

RAUXA CÍA. Idade recomendada: a partir de 7 anos Duración: 45 min Lingua: castelán ANÓNIMOS é un espectáculo de danza e circo contemporáneo, sensible e poético, que nos mergulla no subconsciente dunha muller que crea a través do papel unha realidade paralela, un refuxio onírico, onde o paso do tempo se converte en efémero e lixeiro para dar lugar á nostalxia do esquecido. Unha peza cunha innovadora posta en escena, que fusiona a danza, a acrobacia, os equilibrios e a manipulación de obxectos fantásticos e marionetas surrealistas, para nos introducir nun mundo fráxil e traxicómico que nos propón unha ollada distinta sobre a soidade. (Fotografía de Gaby Merz)

platea_bn.jpg

Máis información

Sábado 9 de maio 2026