GRAN GALA DO CIRCO
GRAN GALA DO CIRCO PISTACATRO Idade recomendada: Todos os públicos Duración: 90 min Lingua: galego Coa Gran Gala do Circo celébrase no Auditorio de Galicia o Día Internacional do Circo. Este espectáculo de variedades, coordinado por Pistacatro, reúne en escena unha espectacular selección de artistas locais e internacionais nunha gran festa pensada para o goce do público grande e miúdo. Malabares, acrobacias, humor, equilibrio e maxia súmanse nun evento único que transforma o Auditorio nunha auténtica carpa chea de ilusión. Non esperes que cho conten: vén vivir en directo o espectáculo máis grande do mundo. Pasen e vexan!