BMSC · INTROSPECCIÓN
Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta Concerto: Introspección BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA David Fiuza (director) Adrián Silva Magdalena (solista frautín) PROGRAMA José Bugallo: Piccolo Concerto Antonin Dvorak: Danzas Eslavas op.46 (Nos. 1-8) SINOPSE A música como potencial comunicativo do interior humano: o programa é unha viaxe reflexiva ó mundo mais íntimo do ser humano, procurando as raíces e o coñecemento interno. O concerto para frautín de Bugallo é unha das obras mais íntimas que condensa un mundo emocional inmenso. Por outra parte, o contacto co folclore é un dos signos mais identitarios que os compositores teñen inherentes á súa creación, como é o caso da primeira serie das Danzas Eslavas que Dvorak escribe para piano, resultando unha forte catarse nacionalista.