ARTUR UI, O OVO DA SERPE
TALÍA TEATRO Idade recomendada: Público adulto Duración: 90 min Lingua: Galego Posfunción o 26 de marzo ao remate do pase ARTUR UI, O OVO DA SERPE é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico. Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fuciño fóra do ovo.