RFG · ESPELLOS SONOROS
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Baldur Brönnimann, director Juan Pérez Floristán, piano Coa participación do alumnado da EAEM PROGRAMA Cometa: Encarga a José María Sanchez Verdú. Estrea absoluta Béla Bartók: Concerto para piano núm. 2, BB 101 Henri Dutilleux: Sinfonía núm. 2 “Le Double”
Despois da obra de Sánchez Verdú completan o programa Bartók e Dutilleux, que abraiaron pola riqueza tímbrica das súas creacións, ligadas ao folclore maxiar no primeiro e á poética no segundo. O Concerto para piano núm. 2, un dos máis esixentes do século XX, zumega claridade expresiva e transparencia orquestral. Os seus tres movementos desenvolven un palíndromo, tan do gusto bartókiano. Pertencente a unha familia de artistas, Dutilleux recatalogou a súa obra rexeitando o que compuxera antes da ocupación. O seu talento abriu novas vías á música clásica que tamén transmitiu ao seu alumnado. A súa Sinfonía núm. 2 destaca pola orixinal disposición escénica: un grupo sinfónico principal dialoga cun conxunto de cámara independente. Concibida con refinamento orquestral, ofrece unha paleta tímbrica innovadora, con ritmos que flúen coma unha forma líquida.
Ás 19.45 h, Conversando con... Baldur Brönnimann e Juan Pérez Floristán na Sala Mozart.