CONTRA ANA

LA CONTRARIA Idade recomendada: a partir de 14 anos Duración: 75 min  Lingua: Castelán CONTRA ANA é unha autoficción que retrata a anorexia (e que é un Trastorno da Conduta Alimentaria na súa complexidade) desde a experiencia real da autora, Alma García. Céntrase especialmente no ano que pasou ingresada nunha clínica en Barcelona e reflexiona sobre a identidade e o que este concepto supuxo para ela.  A obra adéntrase na procura dos porqués e na responsabilidade que a sociedade ten no desenvolvemento (ou mantemento) dun TCA.

(Foto: Alfon García)