VICENTA LORCA

ÓSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA Idade recomendada: Todos os públicos Duración: 60 min  Lingua Galego VICENTA LORCA non é un espectáculo de palabras. É un poema vivo. Unha actriz que encarna a Vicenta, un bailarín que percorre a vida de Federico dende o neno ata o home, e un pianista que é o pulso, o alento. Tres corpos no escenario. Tres linguaxes en diálogo: música, xesto e palabra. É unha viaxe onírica, chea de imaxes poderosas: nacemento, educación, risas, perda, morte. Non está narrada con lóxica lineal, senón con símbolos que golpean directamente o corazón. Porque estamos a falar de algo universal: a mirada dunha nai sobre a vida e a morte do seu fillo. VICENTA LORCA é unha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes que, cada un no seu papel, mostran un Federico a través dos ollos da súa nai, Vicenta.  "A muller que máis amo no mundo" - Federico García Lorca.