RFG ·ANIMALIA ·CONCERTO FAMILIAR
- Concerto
- 60 minutos
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Sofía Nereida, actriz e música António Miguel Teixeira, actor e músico Jan Wierzba, director Música de J. P. Rameau, A. Vivaldi, J. F. Haydn, G. Rossini, P. I. Chaikovski Duración: 60 min Lingua: Galego Animalia é unha viaxe fantástica onde a música se atopa co mundo animal! Que historias nos contan os compositores? E que historias nos contan os gatos deses compositores?... Coas súas 7 vidas e moitas trasnadas, estes felinos especiais teñen historias sorprendentes para compartir! Entre saltos e miados, imos explorar como as notas da orquestra se mesturan coas aventuras felinas, e imos descubrir como cada melodía agocha segredos! Animalia é un espectáculo que presenta o mundo da orquestra e a creatividade dos grandes compositores, e que esperta a imaxinación e o gusto pola música, dun xeito divertido e accesible para os máis pequenos!