ARTUR UI, O OVO DA SERPE

TALÍA TEATRO Idade recomendada: Público adulto Duración: 90 min Lingua: Galego Posfunción o 26 de marzo ao remate do pase  ARTUR UI, O OVO DA SERPE é unha aposta por  contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico. Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fuciño fóra do ovo.

Todas as funcións de «ARTUR UI, O OVO DA SERPE»